The Great Greta

The Great Greta

Sinopse

The Great Greta é un espectáculo multidisciplinar que combina danza, humor e circo, para levar á escena a unha personaxe divertida. Viaxa no seu minicoche relatando fases da súa vida e imaxinando as que virán. Pero, quen é Greta?

Dende unha perspectiva dramatúrxica, de danza con compoñentes de comicidade, Greta mergúllanos no seu peculiar universo. Partindo do seu corpo actual, trasládanos á súa infancia deportiva, para continuar co seu atrevido paso no mundo da arte e rematar reflexionando sobre a súa identidade. Cantas Gretas hai? Cal queres ti que sexa?

Idea Orixinal: Greta Marí
Dirección: Paula Quintas
Axudante de Dirección: Arturo Cobas
Intérprete: Greta Marí
Deseño sonoro: Sara Martínez
Vestiario: Vanessa Parente
Construción de Utillería: Sandra Varela
Deseño gráfico, foto e vídeo: Sonia García
Produción: Greta Marí, Beatriz López

Xénero: Danza-clown
Público: Todos os públicos
Duración: 55′
Formato: Sala
Persoas en xira: 3

Necesidades técnicas:

Equipo de son adaptado ao espazo con
2 altavoces e 2 monitores.
Cableado
Control P.A. na mesa de mesturas. A compañía usará un canal estéreo (ou dous mono) para o ordenador, con entradas jack ou Cannon e envío a monitores.